lunes, 19 de septiembre de 2016

'Cabelos de batalla'"mellor curtametraxe de escola " no festival FICBUEU 2016.

CABELOS DE BATALLA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.


A nosa curta animada  'Cabelos de batalla' que trata sobre a dura loita contra o cancro infantil, realizada polos alumnos e alumnas de 4ºESO: Nerea Rosales, Manuel Escudeiro, Daniel Blanco, Lucía Freire, Diego Costa e Iria Portela   en  Educación Plástica e Visual  para o proxecto SUPERHEROES &SUPERHEROÍNAScon poema do escritor Miguel Ángel Alonso Diz e voz de Inés Padín , acaba  de recibir o  premio  a "mellor curtametraxe de escola  " do prestixioso festival FICBUEU 2016





Este é un vídeo realizado por unha das alumnas  en pleno proceso, traballando coa técnica da rotoscopia .
1º gravaron o vídeo , o fragmentaron  en centos de imaxes e as fotocopiaron  para debuxalas unha a unha.
Coas novas imaxes escaneadas  creamos a animación .


video 

sábado, 10 de septiembre de 2016

Seleccionados no festival de CURTAS DE ESCOLA no FIC BUEU


A curtametraxe LATEXOS realizada polos meus alumno@s de 3º ESO e a curta dos alumn@s de 4º ESO “CABELOS DE BATALLA” de Educación Plástica do IES as Barxas ,ambas as dúas cun poema  de Miguel Ángel Alonso Diz son finalistas na sección de CURTAS DE ESCOLA no  FIC BUEU  
A proxección de curtas e a selección de curta gañadora celebrarase o vindeiro domingo 18 de setembro ás 18:00h no Centro Social do Mar de Bueu.

LATEXOS from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.
CABELOS DE BATALLA from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.




martes, 14 de junio de 2016

ANIMAMOS "Canta o cuco"



Aquí deixo dúas animacións realizas polos meus alumnos de plástica de 1º e 3ª da ESO , Un traballo realizado a partir do Libro "Canta ou cuco" editado por Galaxia na colección de Sonárbore, de Uxía  e Magín con Poemas de Manuel María.
Un traballo realizado co motivo de celebrar o día das letras galegas.




Falan de nós na CRTVG : http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/uxia-e-magin-blanco-estrean-o-videoclip-a-cidade-sobre-un-poema-de-manuel-maria





DIARIO DUNHA ROTOSCOPIA


Déixovos   esta entrada con dous exemplos de animacións realizadas este curso polo  alumnado de 3º ESO e 4º ESO coa técnica da rotoscopia.
A rotoscopia  consiste en debuxar os fotogramas uno a un a partir dun vídeo orixinal .
O proceso para realizala comeza coa gravación do vídeo  do que queremos animar.
Despois de gravar o vídeo procederemos á fragmentación deste en imaxes , para que o movemento sexa natural o ideal é  capturar 24 imaxes por cada segundo de animación , aínda que con 9 nós conseguimos un mínimo movemento.
Ao terminar de capturar  as imaxes  ou exportalas co imovie  imprimímolas , os meus  alumnos e alumnas realizaron a animación a man  debuxando un a un cada frame en papel vexetal .
Coas novas imaxes ( escaneadas ou fotografadas unha a unha co móbil, tablet ou unha cámara )   creamos a animación , podes realizala co  mesmo software  que utilizas para realizar  un stop motion , desde  o monkey jam  para windows ou o frame , o propio imovie para mac  ou movie maker para windows.
  1. http://monkeyjam.org 
  2. http://ticklypictures.com/ - /projects/0
  3. https://launchpad.net/luciole
  4. CITOPLASMAS, páxina  animación :  http://www.citoplasmas.com/blog/2010/09/28/stop-motion-software/
  5. Co movie maker , páxina COMPUTER HOY : http://computerhoy.com/paso-a-paso/software/crea-video-stop-motion-sencillo-movie-maker-4840
  6. FRAME by FRAME como facer unha rotoscopia : http://framebyframe.hol.es/tradicionais/rotoscopia.html

Animación de 3º ESO A-B IES as Barxas , canción "No al maltrato " -La Ziega

 "MAKING OF"

 


CABELOS DE BATALLA

 
Animación  de 4º ESO del IES as Barxas,   poema de Miguel Alonso Diz

Decorando o centro cos FRAMES 


Vídeo da  páxina FRAME by FRAME 

lunes, 2 de mayo de 2016

Unha ponte entre Mozambique e Moaña

Cando Susana Vázquez propúxome traballar cos nosos alumn@s de Mozambique & Moaña XUNTOS, entusiasmeime, non importa a distancia, hoxe grazas á maxia de internet todo é posible, só fai falta un pouco de ilusión e un pouquiño de traballo.

O tema deste proxecto é o deseño dunha Capulana (prenda típica da muller ). 
A nosa intención era publicalo para o día da muller en Mozambique , a experiencia é unha mestura  entre o dixital e o manual , ilustracións dos nosos  alumn@s do IES as Barxas de Moaña e a  Escola Inácio de Loyo en mTsaladzi de Mozambique , editados e animados con software 2D ( ver recursos).

Non vos perdades as marabillosas  entradas nas  que podedes ver un diario da escola Inácio de Loyo http://elrecreosolidario.blogspot.com.es/2016/04/smm-tuvimos-un-problema.html



martes, 8 de marzo de 2016

Como facer un HOLOGRAMA animado con VECTORIAN GIOTTO.

Este 8 de marzo decidimos resucitar á marabillosa Maruja Mallo, muller, artista e galega , para iso só necesitamos:
  • Un editor de fotos , Gimp para montar as imaxes fixas en cruz .
  • Para animar o noso holograma o software libre, Vectorian  Giotto.
  • Un editor de vídeo para xuntar o noso traballo.
  • Por último unhas láminas de acetato, para proxectar o vídeo do noso computador nas paredes dunha pirámide truncada. Se queres ver a EXPERIENCIA COMPLETA , VER LIGAZÓN


Como facer un HOLOGRAMA animado con VECTORIAN GIOTTO from EduPlástica- Luz Beloso on Vimeo.








jueves, 25 de febrero de 2016

ANIMACIÓN 2D PARA CONCIENCIAR :ENDOMETRIOSE

Grazas a unha proposta de Ana Moreiras, leamos a manta á cabeza e decidimos empezar este proxecto .
A nosa primeira meta é como sempre comunicar, comunicar mediante a animación ,  pero para iso os meus alumn@s necesitaban documentación , empezamos a informarnos  sobre a endometriose , unha gran descoñecida para moitos de nós, con todo unha enfermidade que afecta a moitísimas mulleres , preto do 10 ao 15% da poboación feminina que estea diagnosticada, tendo en conta que  tarda anos en ser  diagnosticada, é unha enfermidade  sobre a que apenas se investiga , ignorada , invisibilizada , unha enfermidade que  só afecta as mulleres .
A idea da curta xurdiu do texto da páxina de facebook 


         
Nos esperamos que esta tea de araña desapareza  e querEMOS que se investigue axiña .

O fantástico slogan "Non somos invisibles. Que a endometriose tampouco o sexa" idea da nosa "gherrilleira violeta"  Iria Collazo.
A animación, ilustracións e realización do vídeo, dos meus artistas de 1º BACH de debuxo artístico do IES as Barxas.


Escoitar o que vos queren dicir.